Preguntas frecuentes

Non puideches resolver a túa dubida? Envía unha mensaxe coa túa pregunta.

Impulsorxs

As persoas que queiran solicitar fondos utilizando Pepa Loba deberán darse de alta na páxina web e cubrir o formulario para propoñer unha campaña.


Responderase sempre cun correo se a Campaña foi recibida. No caso de non obter resposta de ningún tipo despois de 7 días, por favor, ponte en contacto con nós.


No caso de ser aceptada a Campaña, recibirás un segundo correo onde se che indicarán os seguintes pasos. Este segundo correo recibiralo non antes de 10 días desde a recepción do primeiro correo.

Seguiranse os mesmos pasos que se indican no apartado 'Como solicitar a apertura dunha "Campaña"?'

As "Campañas" e as "Alertas Antirrepresivas" mantéñense abertas sempre durante 75 días (consigan ou non o seu obxectivo, durante ese período ou con anterioridade). Unha vez expirado ese prazo, péchase e iníciase o proceso para facer chegar a cantidade económica conseguida a quen impulsou a "Campaña" ou a "Alerta Antirrepresiva".

No caso das "Campañas" non se poderá dispor da contía ata que finalice a quenda de financiamento de 75 días. Porén, quen impulsa unha "Alerta Antirrepresiva" poderá solicitar antes de tempo, se así o desexa, o ingreso da contía sempre e cando se alcanzase o obxectivo económico do "crowdfunding".

Pepa Loba non cobra ningún tipo de comisión porque o seu obxecto é facilitar a labor de persoas e organizacións que loitan por un mundo máis xusto.


Porén, o uso dos actuais sistemas de pago con tarxeta ou transferencia dixitais (ou calquera outro sistema) leva consigo o cobro de comisións e/ou gastos por parte das entidades financeiras que se achegan ao 2%. A isto habería que engadir que, dependendo do país e da entidade, poden sumarse outro tipo de custos impositivos ou de taxas externas. Pepa Loba en ningún caso asumirá as comisións, gravames ou impostos, que serán asumidos integramente por quen o impulsa.


Por esta cuestión, recoméndase que na cantidade a solicitar pola persoa interesada se teña en conta o anteriormente mencionado, e engadir un 2,5% (2% de gastos e/ou comisións bancarias + 0,5% de custos impositivos ou taxas externas) da cantidade que se vai solicitar de maneira efectiva. A modo de exemplo: se unha organización pretende conseguir 3.000€ deberá solicitar un mínimo de 3.075€ [3.000€ + 75€ (2,5% de 3.000€)].

Unha vez realizadas as revisións e axustes necesarios, cando se acepta unha "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva" notificarase a través de correo electrónico ou chamada de teléfono, así como na interface web. Realizarase outro contacto para establecer o contrato que fixa as condicións para a entrega dos fondos recadados e que nos une en torno ao caso solicitado. Na data finalmente establecida, a campaña ou alerta abrirase ao público.

Publicarase o caso na nosa páxina web cunha ligazón propia. A partir de aí xa se pode difundir a "Campaña" ou a "Alerta Antirrepresiva"!


Na web poderase realizar un seguimento da cantidade que se vai acumulando coas diferentes achegas á "Campaña" ou á "Alerta Antirrepresiva", así como consultar o historial e as estatísticas relacionadas. Ademais, a persoa impulsora poderá publicar actualizacións en forma de blog que recibirán as persoas que teñan realizado achegas e deixado o seu contacto.

Unha vez se lance a "Campaña" ou a "Alerta Antirrepresiva", quen a impulsa recibirá unha comunicación, a través do correo ou chamada telefónica, onde se indicarán os datos que se deben facilitar para a redacción do contrato. Ao mesmo tempo, informarase dos pasos a seguir desde ese momento.


Para poder recibir o diñeiro conseguido deberanse facilitar, entre outros datos, unha conta bancaria.


Non se iniciarán os trámites de pagamento á persoa impulsora ata que finalicen os 75 días de duración da "Campaña" ou da "Alerta Antirrepresiva". A partir dese momento poderán transcorrer ata 30 días laborables contados desde a data de peche da recadación, para que a persoa impulsora reciba o diñeiro recadado na conta bancaria facilitada para tal fin, agás por causas alleas a Pepa Loba.

Pepa Loba aboará as cantidades conseguidas nun prazo non superior a 30 días laborables contados a partir da data de peche da recadación do financiamento, agás por causas alleas a Pepa Loba.

Pepa Loba non cobra polos seus servizos. A actitude solidaria é un dos elementos que vertebran o seu funcionamento. A finalidade é xerar unha ferramenta que facilite o desenvolvemento de proxectos e iniciativas que beneficien ao conxunto. O único que se cargará no total do importe acadado ás persoas impulsoras serán os gastos derivados da entidade bancaria ou doutra entidade calquera, que se exixan para a tramitación da transferencia económica á persoa impulsora.

Non, xa que ao total acadado hai que restarlle os gastos xerados polas comisións bancarias e polos gravames, cobros ou impostos de calquera tipo que lle sexan imputados.


Pepa Loba non cobrará ningún tipo de comisión, pero tampouco asumirá os gastos mencionados, que serán asumidos integramente por quen impulsa a "Campaña" ou a "Alerta Antirrepresiva".

Exactamente o mesmo que sucedería se se consegue o 100% do diñeiro. Quen impulsa unha "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva" recibirá a cantidade conseguida, restándolle os gastos xerados polas comisións bancarias e polos gravames, cobros ou impostos de calquera tipo que lle sexan imputados, que serán asumidos integramente sempre polas persoas impulsoras.

Pepa Loba e a Burla Negra son ferramentas pensadas para facilitar que as persoas e as organizacións poidan levar a cabo iniciativas, proxectos, campañas e accións a través dunha ferramenta que lles permita conseguir o financiamento que necesiten para poder desenvolvelas. Tanto quen impulsa como Pepa Loba participan na construción de alternativas e resposta social a través do traballo conxunto e solidario.


Pepa Loba entende que quen impulsa unha "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva" realizou previamente unha análise exhaustiva do que vai necesitar e que, como consecuencia desa análise, solicita unha cantidade axustada ás súas necesidades.


Se se dese o caso, unha vez conseguido o 100% do total solicitado (e unha vez descontados os gastos xerados por comisións ou impostos), quen impulsa a "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva" doará o excedente do financiamento conseguido ao fondo común de Pepa Loba, coa finalidade de soster as iniciativas e proxectos que na asociación poidan desenvolverse.

Burla Negra é un instrumento de Pepa Loba que funciona como 'caixa de resistencia e solidariedade' para que as persoas activistas poidan facer fronte ás circunstancias adversas derivadas da súa acción.


Burla Negra entende que quen impulsa unha "Alerta Antirrepresiva" é porque recibiu unha sanción ou un proceso sancionador e que solicita unha cantidade axustada ás súas necesidades.


Se se dese o caso, unha vez recuperada a cantidade económica da sanción tras un proceso xudicial ou administrativo, quen impulsa a "Alerta", seguindo as pautas establecidas pola DSR, doará o total da contía ao fondo común de Burla Negra para poder axudar a outras persoas que poidan afrontar sancións derivadas da súa actuación.

Pepa Loba entende que as relacións entre persoas e organizacións que loitan por un mundo máis xusto deben construírse poñendo a solidariedade no centro a través de redes nas que as partes se apoian mutuamente. Pepa Loba é unha asociación sen ánimo de lucro que non conta con ningunha persoa remunerada dentro da súa estrutura. A única cuestión que move a todas as persoas que forman parte dela é a de facer fronte aos abusos das transnacionais e dos estados.


A Doazón de Solidariedade Recíproca é a doazón que fan as persoas ou as organizacións impulsoras dun crowdfunding a Pepa Loba en 2 casos:


  • Cando unha "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva" supera o 100% do obxectivo. Pepa Loba facilita todos os seus medios para que quen impulsa unha "Campaña" ou "Alerta" consiga as súas metas e esta, se chega ao éxito, contribúe doando o excedente recadado ao fondo común de Pepa Loba para axudar a fortalecer a organización.

  • Cando se recibe un retorno do importe dunha sanción, multa ou proceso que foi pagado a través dun crowdfunding cunha "Alerta Antirrepresiva". Quen impulsa unha "Alerta Antirrepresiva" recibe fondos de persoas que solidariamente contribúen para que poida facer fronte á súa sanción. No caso de que, tras un proceso xudicial ou administrativo, quen impulsa a "Alerta" consiga o retorno da cantidade económica da sanción, espérase que teña a mesma posición solidaria con alguén que o vaia necesitar, polo que contribúe con esa contía doándoa á Burla Negra.

Pepa Loba emprega todos os fondos que consegue para facer fronte aos gastos continuos (servidores, dominios...) ou aos gastos puntuais (desprazamentos, folletos...) para poder medrar na súa actuación, así como tamén para impulsar, desenvolver e contribuír ao desenvolvemento de proxectos, iniciativas, campañas e accións de alternativas e resposta social.

Non. Cada "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva" ten unha finalidade determinada de financiamento, polo que a achega económica realizada pola persoa que contribúe a impulsala só se destinará á mesma. Desde que se inicia ata que se finaliza, cada "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva" ten unha finalidade definida e inalterable, completamente independente das demais que se desenvolvan.

Si. A información textual e as imaxes que decida empregar quen impulsa unha "Campaña" ou unha "Alerta Antirrepresiva" poderanse poñer ao día a medida que avance a recadación a través do panel de xestión na páxina web. Recoméndase ademais notificar a situación a través do blog que proporciona o panel de xestión.

Quen impulsa unha "Campaña" ou unha "Alerta Antirrepresiva" deberá entregar unha "Memoria de Proxecto", que é un documento no que se incluirán os datos económicos e as accións do proxecto financiado. Esta "Memoria de Proxecto" entregarase ao final do ano natural seguinte ao de ter recibido a cantidade recadada coa "Campaña" ou a "Alerta Antirrepresiva". As especificacións deste documento daranse antes de asinar o contrato.