Preguntas frecuentes

Non puideches resolver a túa dubida? Envía unha mensaxe coa túa pregunta.

Política de privacidade

A web “https://pepaloba.org/” é unha ferramenta clave da “Pepa Loba” (Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista) para poder denunciar e difundir campañas, iniciativas, proxectos e accións así como para relacionarnos coas persoas que queren informarse ou pasar a ser parte da nosa asociación.


Sempre que introduzas os teus datos na web supón aceptar a “política de privacidade”. Nalgunha ocasión puntual o sitio web pode ter ligazóns a outras páxinas web que posúen a súa propia “política de privacidade”.

X responsable é  ASOCIACIÓN PETO EXTERNO DE PLANIFICACIÓN ANTISISTEMA E LOITA BASE ANTICAPITALISTA (“Pepa Loba” en diante) con domicilio na rúa Augusto González Besada, 26, 36700, Tui.



Se tes calquera dúbida ou consulta relacionada coa túa privacidade ou datos podes comunicalo a través do enderezo electrónico info@pepaloba.org ou dirixindo unha solicitude ao enderezo postal da Pepa Loba.

Os teus datos persoais obtivéronse a través de relacións previas que tiveches ou tes na actualidade con Pepa Loba, ben pola túa condición de socix, por ter sido doador/a, ter participado nalgunha das campañas, así como de ter participado dalgunha forma nalgún dos proxectos, campañas, iniciativas e accións das que ten intervido Pepa Loba ou ben por ter solicitado que che remitamos información sobre as mesmas.

Os teus datos empréganse só para as finalidades lexítimas que desenvolve Pepa Loba e que se explican máis adiante. Os datos que se tratan son os seguintes:


Datos necesarios para manter a relación contigo:

  • Nome

  • Apelidos

  • Enderezo correo electrónico 


Ademais, segundo o tipo de natureza que teña a nosa relación contigo, podemos tratar outros datos que ti nos achegues voluntariamente:

  • DNI

  • Número de teléfono

  • Enderezo postal

  • Data de nacemento

  • Achega económica

  • Datos bancarios

  • Profesión

  • Sexo

  • Idioma de preferencia

  • Imaxe propia


Así mesmo cando enches cos teus datos os formularios (achegas económicas, doazóns, sinaturas, asociación…), gardamos o teu enderezo IP1 dende onde se remiten os teus datos, que nos permite darche unha maior cobertura perante os fraudes (como pode ser, un uso sen autorización da tarxeta de crédito).


Informámosche tamén que trataremos aqueles datos adicionais que voluntariamente nos facilites durante as futuras relacións e interaccións que manteñas coa Pepa Loba, incluídos os que nos achegues mediante unha rede social ou outra aplicación. Estes datos dependen da túa propia configuración de privacidade, uso da rede social ou aplicación, así como das políticas de privacidade propias de cada rede social ou aplicación. Por favor lee as mesmas con atención antes de facilitar datos a través desas redes sociais ou aplicacións.




1. Número co que se identifica cada dispositivo cando accede a unha rede.


En ningún caso se recollen datos persoais sen que x titular o coñeza. Só se empregarán os teus datos se nos dás a túa autorización. Se non é así, non nos comunicaremos contigo, nin almacenaremos, nin trataremos os teus datos de ningunha forma.


En ningunha circunstancia venderemos, comerciaremos ou alugaremos os teus datos persoais. Tampouco cederemos os mesmos excepto nos casos que se indican no apartado Cando comunicaremos os teus datos a outrxs? da presente política de privacidade.


Toda a información que nos achegues gardarase nun ficheiro automatizado e confidencial. Ademais saberás que datos consideramos imprescindibles para levar ao cabo unha acción determinada e cales poderás deixar en branco ou encher segundo o teu criterio.


Consideramos que toda a información que nos facilitas é verdadeira e precisa. Se decides comunicarnos datos persoais, entendemos que son teus ou que contas con autorización para darnos esa información.


Cando deixas os teus datos nos formularios da web estás a aceptar expresamente o contido desta “política de privacidade” e autorizas a que se usen os teus datos para as fins especificadas. Se non concordas coa “política de privacidade”, por favor, non nos deixes os teus datos. Escribe unha mensaxe coa túa opinión ou as túas dúbidas a info@pepaloba.org e responderémosche canto antes.


No caso de te asociares, de nos facer unha doazón ou de realizar calquera outro tipo de acción coa Pepa Loba os teus datos usaranse para xestionar as túas achegas económicas e para enviarche información sobre as nosas actividades.



Se desexas entregar un legado2 e solicitas información respecto diso, gardaranse os teus datos unicamente para facelo efectivo cando chegue o momento. Se queres que se rectifiquen ou se cancelen só tes que comunicalo seguindo as instrucións que che indicamos no apartado 'Que dereitos tes?'.




2. Disposición legal de bens que fai un testador a favor de alguén.


Para poder cumprir coa nosa misión de construción e desenvolvemento de alternativas e resposta social en prol dun mundo máis xusto onde se respecten os dereitos, as liberdades e o medio ambiente, tratamos os datos de quen nos dá o seu consentimento para desenvolver as seguintes finalidades lexítimas:

  • Enviar información sobre Pepa Loba, os eidos de actuación marcados nos seus principios así como os proxectos, iniciativas e estruturas que se relacionan con ela vía SMS, Teléfono, correo postal, email incluso cando a nosa relación teña terminado salvo que a persoa interesada manifeste o contrario.

  • Pedir doazóns, incrementos de cota e outros tipos de participación (asinar campañas, comprar produtos, participar de xeito activo en accións...).

  • Invitar a actos ou eventos que organice Pepa Loba ou calquera outra estrutura, proxecto e iniciativa que se relacione con ela dalgún xeito.

  • Realización de enquisas de carácter diverso.

  • Actividades básicas de elaboración de perfís, en base á información que directamente nos proporcionas, e destinada a asegurar a adecuada xestión das anteriores actividades.

Adicionalmente, tamén tratamos os teus datos para o envío, incluso por medios electrónicos, de comunicacións de natureza similar ás que teñas participado con anterioridade.



A persoa interesada pode opoñerse a recibir este tipo de comunicacións promocionais, agora ou en calquera outro momento, enviando un correo electrónico ao enderezo electrónico info@pepaloba.org ou dirixindo unha solicitude ao enderezo postal da Pepa Loba.

O tratamento dos teus datos de carácter persoal está directamente relacionado co mantemento da túa relación coa Pepa Loba así como dunha correcta xestión da mesma.



A Pepa Loba está lexitimada para o tratamento dos teus datos a través do teu consentimento en primeiro lugar, e por resultar necesario para dar cumprimiento ás obrigas contractuais derivadas de dita relación.



O tratamento dos teus datos persoais para o envío de información similar á que teñas participado, responde a un interese lexítimo e está autorizado pola normativa actual.

Tes dereito:

  • A saber se estamos a tratar os teus datos ou non.

  • A acceder aos teus datos persoais.

  • A solicitar a rectificación dos teus datos se son inexactos.

  • A solicitar a supresión dos teus datos se xa non son necesarios para as fins para as que foron recollidos ou se nos retiras o consentimento outorgado.

  • A solicitar a limitación do tratamento dos teus datos, nalgúns supostos, en cuxo caso só os conservaremos de acordo coa normativa vixente.

  • A portar os teus datos, que che serán facilitados nun formato estruturado, de uso común ou lectura mecánica. Se o prefires, podémosllos enviar ao novo responsable que nos designes. Só é valido nalgúns supostos.

  • A presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ou autoridade de control competente, si cres que no te atendemos correctamente.

  • A revocar o consentimento para calquera tratamento para o que consentises, en calquera momento.

Por outra banda agradecémosche que nos comuniques se modificas algún dato para así mantelos actualizados.

Na Axencia Española de Protección de Datos está rexistrado un ficheiro de datos persoais que contén información dxs socixs e doadorxs.


Os teus datos son teus e tes dereito a saber que facemos con eles, así como a exercitar os teus dereitos de reclamación, acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación e/ou oposición ao tratamento. Para iso debes empregar unha comunicación escrita a través da canle de comunicación que prefiras:

  • Mándanos unha mensaxe a info@pepaloba.org.

  • Escríbenos unha carta dirixida a r/ Augusto González Besada, 26, 36700, Tui.



Se tes calquera dúbida sobre a nosa política de datos persoais, sempre podes consultar ademais á Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es), c/ Jorge Juan 6, E-28001 Madrid, teléfono 901 100 099 e sede electrónica https://sedeagpd.gob.é/sede-electronica-web/.

A seguridade dos teus datos persoais é fundamental. Nos espazos da web onde deixas os teus datos, usamos a tecnoloxía SSL3, para protexer os datos que envíes por internet.


Ademais só teñen acceso aos datos persoais aquelas persoas de Pepa Loba que necesitan empregalos para realizar o seu labor correctamente.



3. Secure Socket Layer ou Protocolo de Capa de Conexión Segura.


En ningún caso venderemos, comerciaremos, alugaremos ou cederemos os teus datos persoais.


Os únicos casos nos que comunicaremos os teus datos a outrxs son os que se presentan a continuación:

  • Administracións Públicas. Nas situacións necesarias para o cumprimento das obrigas legais ás que Pepa Loba está suxeita pola súa actividade.

  • Autoridade Xudicial ou Administrativa. Se unha autoridade solicita os teus datos dos nosos ficheiros, comunicarémosllos sempre que se respecten os preceptos previstos legalmente e só comunicaremos os datos precisos. Non atenderemos peticións de información formuladas de xeito xenérico ou de forma indiscriminada, quenquera que sexa o organismo que o solicite.

  • Destinatarixs de peticións, accións e campañas. Cando asinas unha petición ou participas cos teus datos nunha acción ou campaña, x destinatarix recibe da Pepa Loba os datos imprescindibles para cumprir coas obrigas derivadas destas campañas e accións, que se indicarán detalladamente sempre na mesma e que incluirán só os datos precisos. En calquera caso a Pepa Loba informará sempre dxs destinatarixs da mesma.

  • Proveedorxs. Algunhas entidades precisan coñecer informacións túas de carácter persoal para poder desenvolver o seu labor (a empresa de servizo postal para te facer chegar un paquete, a sociedade que aloxa a nosa web nos seus servidores…) . En todo caso Pepa Loba subscribirá os pertinentes contratos de confidencialidade e tratamento de datos persoais necesarios e esixidos pola normativa para protexer a túa privacidade.

  • Campañas, accións e iniciativas con outras organizacións. Aquelas cesións a terceiros que sexan necesarias para a organización, desenvolvemento ou coordinación das campañas, accións e iniciativas nas que voluntariamente participes. En todo caso coñecerás sempre cales son esas campañas, accións e iniciativas.


Calquera outra cesión de datos persoais que realice a Pepa Loba, informarache oportunamente.

Pepa Loba ten os servizos contratados en entidades ubicadas no Espazo Económico Europeo (“EEE”).


No que respecta aos países alleos ao EEE, a Comisión Europea clasifícaos en dous tipos:

  • Países cun nivel adecuado de protección de datos de acordo coas normas do EEE, cuxa listaxe completa de ditos países figura dispoñible aquí.

  • Países cun nivel non adecuado de protección de datos de acordo coas normas do EEE. Nestes países a Pepa Loba subscribe contratos, garantías e salvagardas necesarias para preservar a túa privacidade cumprindo coas regulacións da Unión Europea en materia de datos persoais.


Se tes calquera dúbida ou consulta relacionada coas garantes da túa privacidade ou datos podes comunicalo a través do enderezo electrónicoinfo@pepaloba.org ou dirixindo unha solicitude ao enderezo postal da Pepa Loba.

A Pepa Loba conservará os teus datos persoais mentres se manteña a túa relación connosco e incluso tras da finalización da mesma por calquera causa durante os prazos de prescrición legais que sexan de aplicación, se non nos comunicas o contrario. Neste caso trataranse a efectos de acreditar o cumprimentodas nosas obrigas legais e/ou contractuais.


Ademais conservaremos a túa información persoal o tempo necesario ou permitido en atención ás fins polas cales se obtivera. Os criterios empregados para determinar  os prazos de conservación inclúen as nosas obrigas legais, necesidades estatísticas ou o feito de que a conservación sexa ou non aconsellable en función da nosa postura xurídica.

Poderás ser integrante da asociación se tes máis de 14 anos e tes consentimento, documentalmente acreditado, de teus pais ou titorxs. En ningún caso nos envíes datos persoais teus nin da túa familia sen previa autorización dos teus pais, nai ou titorxs.


Para proceder á formalización da túa inscrición como socix debes cumprimentar o documento de Autorización Menores e envialo por calquera destas dúas vías:

  • Mándanos unha mensaxe ao correo electrónico info@pepaloba.org.


  • Escríbenos unha carta dirixida a r/ Augusto González Besada, 26, 36700, Tui.

A web emprega cookies4 para analizar o uso que fan os usuarios do sitio web. Compílase información estatística (frecuencia de uso, páxinas visitadas, número de visitas e “clics”, etc) para mellorar na análise e, polo tanto, na efectividade e impacto das nosas iniciativas.


Aceptando a “política de privacidade” autorízasnos a usar as cookies para comunicarnos contigo.


No caso de que non queiras ter cookies no teu computador, debes cambiar a configuración do teu navegador5.


Por favor sé consciente de que se configuras o navegador para que bloquee todas as cookies, certas partes do sitio ou doutros sitios poden perder parte das súas funcionalidades.




4. Anacos de información de almacenaxe no disco duro do computador cando visita unha páxina web


5. Xeralmente ‘ferramentas–opcións–privacidade’