Preguntas frecuentes

Non puideches resolver a túa dubida? Envía unha mensaxe coa túa pregunta.

Administración económica

Pepa Loba finánciase directamente coas cotas das persoas socias, coas doazóns, coa venda de materiais éticos de diverso tipo e cos ingresos que se reciban polo desenvolvemento das actividades da asociación.


A asociación non admite:


  • diñeiro de gobernos nin entidades transnacionais de ningún tipo.

  • diñeiro de persoas físicas ou xurídicas que non respecten os seus principios.

  • ingresos por publicidade.

  1. A Pepa Loba e a Burla Negra teñen petos propios con administración independente.

  2. Do total de cartos que entran, á Pepa Loba:

    • O 100% dos fondos destínanse a Pepa Loba.

    • O 0% dos fondos destínanse a salarios, pois a asociación está conformada por activistas que non teñen remuneración.



  3. No caso de que se supere o total solicitado nunha "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva", quen a impulsa doará o excedente do financiamento conseguido ao fondo común de Pepa Loba, coa finalidade de soster as iniciativas e proxectos que na asociación poidan desenvolverse.

Se es lueirx de Pepa Loba tes dereito a coñecer o estado económico na Asemblea Xeral Ordinaria que se celebra anualmente. Por outra parte, nunca se darán a coñecer as persoas que realizan cada movemento nin a localización do gasto, por cuestións de carácter estratéxico, así como de privacidade e seguridade das mesmas.

Non. Os fondos dunha e doutra trátanse de maneira separada. Aínda que a Burla Negra é unha ferramenta propia de Pepa Loba, xestiónanse como dúas ferramentas independentes entre si.


Pepa Loba serve para desenvolver campañas, iniciativas, accións e proxectos e a Burla Negra para afrontar as sancións derivadas do activismo.


O traspaso de fondos dunha á outra implicaría ter que deixar sen fondos algúns dos outros ámbitos de traballo da asociación.

  • Xs Lueirxs terán que achegar un mínimo de:
    • 15 euros trimestrais, no caso de que se escolla o pago fraccionado.

    • 30 euros semestrais, no caso de que se escolla o pago fraccionado.

    • 60 euros anuais, no caso de que se escolla o pago íntegro.



  • As doazóns non terán cantidade mínima nin máxima. Poderase doar a cantidade que se queira.

  • Os prezos dos produtos da tenda xa veñen fixados na web. A estes haberá que engadirlles os gastos do cobro contra reembolso.

Pepa Loba admite fundamentalmente dous sistemas de pagamento:


  • Tarxeta de crédito ou débito. Empregarás para iso a pasarela de pagamento de Rural Vía. Este sistema caracterízase por un manexo sinxelo e intuitivo. Ademais, cumpre cos máis altos estándares de seguridade actuais a través da Compra Electrónica Segura (CES), achegando unha alta seguridade baixo os protocolos internacionais Verified by Visa e MasterCard SecureCode. Nin sequera Pepa Loba nin quen impulsa teñen acceso aos teus datos bancarios.

  • Transferencia bancaria. Empregarás os datos de Pepa Loba que aparecerán reflectidos na pantalla. Só tes que empregar eses datos a través do sistema que teñas coa túa entidade bancaria, tal e como fas con calquera pagamento.

En principio, a estrutura de Pepa Loba está pensada para facer achegas en diñeiro. No caso de que queiras facer achegas doutro tipo (bens materiais para realizar accións, material informático, cesión de edificios,...), ponte en contacto connosco no correo info@pepaloba.org ou a través do formulario, e explícanos o que nos ofreces concretamente. Responderémosche e indicarémosche se entra dentro dos nosos parámetros e, no caso de que así sexa, falaremos de como serán os pasos a desenvolver.

A Pepa Loba é unha ferramenta de financiamento autónoma que conta con activistas non remuneradxs que se encargan da xestión dos seus recursos, así como de cada un dos eidos de funcionamento da mesma.

O diñeiro de:


  • Pepa Loba: invértese en todo tipo de gastos de campañas, proxectos, accións e iniciativas que sigan os principios marcados nos seus estatutos.

  • Burla Negra: invértese en facer fronte ás sancións que se aproben para financiar aos/ás activistas afectadxs por represión política ou social.

  • Campañas: invértese na campaña correspondente.


En ningún caso se destinan os cartos a salarios.

A Pepa Loba non dispón de oficiñas, así que non se poden facer achegas directas en man.


En principio os medios de pago son:


  • Lueirxs (socixs): fanse mediante domiciliación bancaria (SEPA).

  • "Doazóns", "Campañas" e "Alertas Antirrepresivas": fanse a través dunha Terminal Punto de Venda (TPV) virtual de Rural Vía coa que podes usar a túa Tarxeta de Débito ou Crédito. Ademais, podes facer a túa achega a través de Transferencia Bancaria se así o queres.

  • Pagamentos da tenda: fanse a través dunha Terminal Punto de Venda (TPV) virtual de Rural Vía coa que podes usar a túa Tarxeta de Débito ou Crédito. Na tenda non se admite transferencia bancaria.


Se tes algún tipo de pregunta ou suxestión sobre este ámbito que non apareza aquí recollido, por favor, non dubides en poñerte en contacto connosco en info@pepaloba.org ou a través do formulario.

Os cartos resultantes, unha vez efectuada a liquidación, doaríanse a outra asociación non lucrativa que teña fins iguais ou similares aos de Pepa Loba.

A nosa conta central atópase en Fiare, unha cooperativa de aforro e crédito e que, polo tanto:


  • Non cotiza en bolsa.

  • Xs propietarixs son xs socixs que son quen teñen o peso na toma das decisións.


E o sistema de Terminal Punto de Venda (TPV) emprega a pasarela de pagamento de Rural Vía, pertencente á Caixa Rural Galega, que é unha sociedade cooperativa de crédito.

Si, Pepa Loba opera en todos os casos en euros (€), pero a entidade bancaria xestiona de maneira automática a conversión baixo os seus propios criterios.