Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continuas navegando, considérase que das o teu consentimento para o seu uso. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies
Preguntas frecuentes
Lueirx (member)
Que é?
Xs Lueirxs son xs socixs da Pepa Loba.
A Pepa Loba é unha asociación independente que non acepta fondos de gobernos, de transnacionais nin de ningunha persoa física ou xurídica que non respecte os seus principios. Por esta cuestión é tan importante a túa colaboración.
Por que o nome de Lueirx?
Lueiro foi o can sempre compañeiro da Pepa Loba. Lueiro representa a complicidade e a lealdade indobregable con Pepa Loba. E sérvelle a esta como conexión entre ela e o mundo que a rodea.
Quen pode facerse Lueirx?
Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que respecten, en todo caso os seus principios.
Son menor, podo facerme Lueirx?
Se tes máis de 14 anos e tes o consentimento, documentalmente acreditado, da túa nai, pai ou titor/a legal, poderás unirte a nós sen ningún problema. Ponte en contacto connosco no correo info@pepaloba.org co asunto "LUEIRX: Menor" e explicarémosche os pasos que deberás seguir para unirte a nós.
En ningún caso nos envíes datos persoais teus nin da túa familia sen previa autorización da túa nai, pai ou titor/a legal.
Como facerse Lueirx?
1º.- Enche cos teus datos os cadros que aparecen en branco no apartado "Asóciate" da web.
- Se vas realizar o pago dende o estado español non fai falla que cumprimentes o apartado Swift/Bic.
- No caso de seleccionar no apartado "Periodicidade e importe" outra cantidade deberás indicar o importe que queres achegar. En ningún caso será unha cantidade inferior á asignada nese período.
2º.- Unha vez completes o proceso, deberás indicar que aceptas a 'politica de privacidade' e despois premer en 'Enviar'.
(Opcional).- Ademais, podes descargar e imprimir un formulario de mandato SEPA en formato PDF que aparecerá cos teus datos xa cubertos, asinalo fisicamente e despois envialo dun destes tres xeitos:
- a través do Fax: ao número (0034) 986 607 211.
- a través de correo ordinario: r/Augusto González Besada, 26, 36700, Tui, Pontevedra, España.
- a través de correo electrónico: o documento escaneado cos teus datos e a túa sinatura física a info@pepaloba.org co asunto "ALTA LUEIRX".
Necesito cubrir o código Swift / BIC?
O código Swift/BIC só é necesario que o cubran aquelas persoas que vaian realizar pagos dende fóra do estado español.
Teño que enviar o mandato SEPA cos meus datos asinados? Non é válido só con cubrir os datos na web?
Si, é válido, pero a sinatura do documento asegúranos o cobro da túa cota sen ningún problema en calquera escenario. E no caso de que os haxa coa entidade bancaria, temos capacidade de actuación.
No caso de que queiras deixar de pagar a cota, non se engadirá ningún tipo de dificultade por esta cuestión. Ese documento só afecta á relación entre a asociación e a entidade bancaria.
Que periodicidade e prezo podo ter coas miñas cotas?
Xs Lueirxs poden elixir entre tres periodicidades:
- Trimestral: 15 euros é a cota mínima.
- Semestral: 30 euros é a cota mínima.
- Anual: 60 euros é a cota mínima.
Pepa Loba é unha ferramenta solidaria, conformada por unha estrutura non remunerada, que busca adaptarse á situación de cada persoa para que todxs poidamos achegar a nosa colaboración. Por iso, a media mensual de cada modalidade de cota é de 5 euros.
Aínda así, as persoas que non dispoñan de recursos económicos suficientes para poder realizar esa achega pero que, ao mesmo tempo, queiran colaborar economicamente coa asociación, teñen a posibilidade de facelo mediante doazóns de maneira regular ou cando o consideren.
Cando se pasan as cotas?
Os cobros realízaranse:
- Trimestrais: 1-15 de xaneiro; 1-15 de abril; 1-15 de xullo; 1-15 de outubro.
- Semestrais: 1-15 de xaneiro; 1-15 de xullo.
- Anual: 1-15 de xaneiro.
Independentemente da data na que se faga socix unha persoa o cobro farase íntegro e non será reembolsable.
Facerse socix desgrava na declaración da renda?
Non. A Pepa Loba non admite ningún tipo de beneficio nin complicidade por parte de ningún goberno e, ao mesmo tempo, pretende que as persoas que formen parte dela estean unidas á súa estrutura, única e exclusivamente, por cuestións ideolóxicas.