Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continuas navegando, considérase que das o teu consentimento para o seu uso. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies
Preguntas frecuentes
Contribuidorxs
Como podo contribuír a unha "Campaña" ou a unha "Alerta Antirrepresiva" específica?
Simplemente hai que seleccionar a "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva" á que se queira contribuír economicamente, premer no botón e inserir os teus datos no formulario que se abre para facer o pagamento dixitalmente.
No caso de que se queira facer o pagamento en efectivo ou con métodos non contemplados previamente, débese contactar a través do correo info@pepaloba.org e indicarase onde e como hai que facer o ingreso.
Pódese colaborar economicamente en máis dunha "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva"?
Si. Unha persoa pode contribuír ao financiamento de cantas "Campañas" e/ou "Alertas Antirrepresivas" estime oportuno.
Pódese colaborar economicamente varias veces nunha mesma "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva"?
Si. Unha persoa pode contribuír cantas veces estime oportuno ao financiamento dunha "Campaña" e/ou "Alerta Antirrepresiva", mentres esta estea activa.
Hai algún tipo de sistema que evite a posibilidade de fraudes?
Antes do lanzamento dunha "Campaña" ou dunha "Alerta Antirrepresiva", as persoas impulsoras e Pepa Loba asinan un contrato. Mediante a sinatura deste documento, as persoas impulsoras comprométense a desenvolver as accións e/ou iniciativas presentadas para as cales solicitan a axuda económica e a empregar o 100% do financiamento conseguido nas mesmas no fin indicado.
No suposto de que as persoas impulsoras non cumprisen os compromisos asinados, e tras esgotar outras vías baseadas na relación de confianza, na negociación e no trato directo, Pepa Loba resérvase o dereito a emprender as accións legais que estime oportunas contra as mesmas.
Que se debe indicar no apartado "Concepto" dunha "Aportación" a unha "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva"?
Débese ter en conta, cando se faga a operación na entidade bancaria, inserir no concepto o código que aparece ao seleccionar o formulario de transferencia bancaria.
Hai que lembrar que se non se indica no concepto o código do pagamento á "Campaña" ou "Alerta Antirrepresiva" concreta, entenderase que simplemente se fai unha doazón a Pepa Loba.
É necesario cubrir o código Swift/BIC?
O código Swift/BIC só é necesario cubrilo por aquelas persoas que vaian realizar pagamentos desde fóra do Estado español.