Preguntas frecuentes

Non puideches resolver a túa dubida? Envía unha mensaxe coa túa pregunta.

Pepa Loba

A Pepa Loba, Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista, é unha ferramenta de financiamento de carácter independente que xorde ao abeifro de ECOAR))) para:


  1. sufragar as necesidades económicas para o desenvolvemento de campañas, iniciativas, proxectos e accións, tanto no eido das alternativas como da resposta social.

  2. facer fronte ás sancións e demais custos derivados dos mecanismos de represión e punición do sistema.

  3. actuar solidariamente con colectivos e persoas que non dispoñan dos medios necesarios de financiamento, proporcionando unha plataforma que facilita a difusión e xestión para poder levar a cabo campañas que cubran eses eidos por si mesmxs.

  1. Colaborar, potenciar e desenvolver iniciativas, proxectos, accións e campañas que se baseen nos seus principios ideolóxicos.

  2. Xerar un fondo cos cartos sobrantes para axudar a desenvolver iniciativas, proxectos e accións tanto no eido das alternativas como na resposta social.

  3. Potenciar o desenvolvemento de iniciativas, proxectos e accións que se movan no eido da resposta social anticapitalista e/ou que xeren, propoñan ou constrúan alternativas ao sistema capitalista.

A Pepa Loba é unha estrutura asociativa que se guía polos seguintes principios ideolóxicos:


  • ANTICAPITALISMO

  • ANTIGLOBALIZACIÓN

  • CONSUMO RESPONSÁBEL

  • DEFENSA DO PÚBLICO

  • DEFENSA DOS DDHH (PC-DESC)

  • ECOLOXISMO

  • ESTADO SOCIAL E LAICO

  • HORIZONTALIZACIÓN DA SOCIEDADE

  • INTERCULTURALISMO

  • NON VIOLENCIA

A Pepa Loba foi unha bandoleira galega do s.XIX cuxa lenda baséase na figura dx bandoleirx xenerosx, como Robin Hood, que popularmente representa a xustiza e a liberdade. Unha muller que non se somete a nada nin a ninguén, e que se amosa implacable coas persoas inxustas e xenerosa coas febles.

A Pepa Loba é unha asociación sen ánimo de lucro, tal como establece a Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

Pepa Loba é unha asociación independente que nace ao abeiro de ECOAR))) e que se conforma na súa totalidade por activistas de diversa índole e orixe. Ademais, é unha asociación sen ánimo de lucro que non conta con ningunha persoa remunerada dentro da súa estrutura.

Non. Pepa Loba, ademais de como ferramenta de financiamento, funciona tamén como espazo de denuncia e difusión de proxectos, campañas, iniciativas e accións concretas nas que participa, colabora ou (co)organiza, pero de ningunha maneira admitirá ningún tipo de publicidade.