Preguntas frecuentes
Non puideches resolver a túa dubida? Envía unha mensaxe coa túa pregunta.
Pepa Loba
Burla Negra
Campañas e alertas antirrepresivas
Impulsorxs
Contribuidorxs
Lueirx (member)
Doazón
Protección de datos
Administración económica
Política de privacidade
Burla Negra
Que é?
A Burla Negra é un instrumento da Pepa Loba que funciona como ‘caixa de resistencia e solidariedade’ para que xs activistas poidan facer fronte ás circunstancias adversas derivadas da súa acción.
En ningún caso se empregarán os fondos para soportar cuestións que non estean relacionadas co activismo.
Que busca?
- Colaborar para que xs activistas poidan sufragar as multas derivadas da súa acción.
- Construír campañas de denuncia de represión social e política.
- Servir como ferramenta onde denunciar situacións de represión social e política.
Por que o nome de Burla Negra?
A Burla Negra fica no imaxinario colectivo como un símbolo de liberdade e xustiza, de non sometemento ás normas establecidas en busca do futuro esperado. A Burla Negra foi un barco pirata que asucaba o Atlántico en busca de botín. Aparecía de súpeto de entre a néboa sen que as vítimas notasen a súa presenza ata que xa era demasiado tarde.