Que é a Pepa Loba?

A Pepa Loba, Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista, é unha ferramenta de financiamento de carácter independente que xorde ao abeiro de ECOAR))) para:

  • sufragar as necesidades económicas para o desenvolvemento de campañas, iniciativas, proxectos e accións, tanto no eido das alternativas como da resposta social.
  • facer fronte ás sancións e demais custos derivados dos mecanismos de represión e punición do sistema.
  • actuar solidariamente con colectivos e persoas que non dispoñan dos medios necesarios tanto de difusión como de financiamento, para poder levar ao cabo campañas que cubran eses eidos por si mesmxs.
Ecoloxismo
Estado social e laico
Horizontalización da sociedade
Interculturalismo
Non violencia
Anticapitalismo
Antiglobalización
Consumo responsábel
Defensa do público
Defensa dos DDHH (PC-DESC)

Que é a Burla Negra

burla negra

A Burla Negra é un instrumento aberto da Pepa Loba que funciona como ‘caixa de resistencia e solidariedade’ para que xs activistas poidan facer fronte ás circunstancias adversas derivadas da súa acción e que busca:

  1. Colaborar para que xs activistas poidan sufragar as multas derivadas da súa acción.
  2. Construír campañas de denuncia de represión social e política.
  3. Servir como ferramenta onde denunciar situacións de represión social e política.

En orixe un barco escravista, acabou por servir como un barco pirata, no que só eran benvidas aquelas persoas que non estiveran sometidas máis que á súa propia vontade e cun forte sentimento de xustiza.

Quen é quen?

pepaloba ilustration

Pepa Loba

É unha figura lendaria galega do s. XIX que era salvaxe e cruel coas persoas ricas e bondadosa e xusta co campesiñado. Encadrase dentro do arquetipo dx bandoleirx xenerosx, ao tempo que representa tamén á muller que non se somete a nada.

lueirxs ilustration

Lueiro

Compañeiro da Pepa Loba. Caracterízase como un can espilido e calmado, representa a complicidade e a lealdade indobregable con Pepa Loba.

"Non creo que sexamos parentes moi achegados, pero se vostede é quen de tremer de indignación cada vez que se comete uha inxustiza no mundo, somos compañeirxs que é máis importante." - Che
Apóianos facéndote socix
Colabora con Pepa Loba
Somos un instrumento que permite a creación de alternativas e resposta social

Asóciate

Colabora connosco agora

Para facerte socix só tes que cubrir o formulario

Desenvolve o teu proxecto. Propón unha campaña!

Poñemos ao teu alcance a nosa ferramenta de crowdfunding para que poidas conseguir recursos e desenvolver campañas sociais, proxectos, iniciativas e/o accións de maneira independente. Cóntanos a túa idea, conecta coa comunidade e axuda a crear resposta social de forma colectiva.
A que esperas?

Propoñer unha campaña
Visita a nosa tenda online!

Na nosa tenda online poderás atopar distintos produtos desenvolvidos por activistas que nos axudan economicamente para seguir actuando solidariamente con persoas e colectivos, dotándoos dos medios para impulsar alternativas.

Visita a nosa tenda
imagen banner02