13 Editora
Máis información
Unha ferramenta de financiamento para presionar ás estruturas de poder
Máis información
Un mecanismo que abra unha vía de recursos para actuar de maneira conxunta
Máis información
Un instrumento que posibilite a creación de alternativas e resposta social
Máis información
Un fondo conxunto a través do que construír saídas para cada situación
Máis información
Unha caixa común para facer fronte ás distintas formas de represión do sistema
Máis información
Un punto dende onde respostar ás inxustizas dun xeito xusto e solidario
Máis información

Algunhas das nosas campañas

+

Absolución Caso Spora

Por: Absolución Caso Spora

Somos activistas climáticas acusadas de pertenecer a una organización criminal. Necesitamos ayuda para pagar los gastos de nuestra...
45%
  • € 4.595 acadado
  •  
  • 11 días restan
Desenvolve o teu proxecto. Propón unha campaña!

Poñemos ao teu alcance a nosa ferramenta de crowdfunding para que poidas conseguir recursos e desenvolver campañas sociais, proxectos, iniciativas e/o accións de maneira independente. Cóntanos a túa idea, conecta coa comunidade e axuda a crear resposta social de forma colectiva.
A que esperas?

Propoñer unha campaña
Visita a nosa tenda online!

Na nosa tenda online poderás atopar distintos produtos desenvolvidos por activistas que nos axudan economicamente para seguir actuando solidariamente con persoas e colectivos, dotándoos dos medios para impulsar alternativas.

Visita a nosa tenda
imagen banner02

Que é a Pepa Loba?

A Pepa Loba, Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista, é unha ferramenta de financiamento de carácter independente que xorde ao abeiro de ECOAR))) para:

  • sufragar as necesidades económicas para o desenvolvemento de campañas, iniciativas, proxectos e accións, tanto no eido das alternativas como da resposta social.
  • facer fronte ás sancións e demais custos derivados dos mecanismos de represión e punición do sistema.
  • actuar solidariamente con colectivos e persoas que non dispoñan dos medios necesarios tanto de difusión como de financiamento, para poder levar ao cabo campañas que cubran eses eidos por si mesmxs.
Ecoloxismo
Estado social e laico
Horizontalización da sociedade
Interculturalismo
Non violencia
Anticapitalismo
Antiglobalización
Consumo responsábel
Defensa do público
Defensa dos DDHH (PC-DESC)

Que é a Burla Negra

burla negra

A Burla Negra é un instrumento aberto da Pepa Loba que funciona como ‘caixa de resistencia e solidariedade’ para que xs activistas poidan facer fronte ás circunstancias adversas derivadas da súa acción e que busca:

  1. Colaborar para que xs activistas poidan sufragar as multas derivadas da súa acción.
  2. Construír campañas de denuncia de represión social e política.
  3. Servir como ferramenta onde denunciar situacións de represión social e política.

En orixe un barco escravista, acabou por servir como un barco pirata, no que só eran benvidas aquelas persoas que non estiveran sometidas máis que á súa propia vontade e cun forte sentimento de xustiza.

Quen é quen?

pepaloba ilustration

Pepa Loba

É unha figura lendaria galega do s. XIX que era salvaxe e cruel coas persoas ricas e bondadosa e xusta co campesiñado. Encadrase dentro do arquetipo dx bandoleirx xenerosx, ao tempo que representa tamén á muller que non se somete a nada.

lueirxs ilustration

Lueiro

Compañeiro da Pepa Loba. Caracterízase como un can espilido e calmado, representa a complicidade e a lealdade indobregable con Pepa Loba.

"Non creo que sexamos parentes moi achegados, pero se vostede é quen de tremer de indignación cada vez que se comete uha inxustiza no mundo, somos compañeirxs que é máis importante." - Che
Apóianos facéndote socix
Colabora con Pepa Loba
Somos un instrumento que permite a creación de alternativas e resposta social

Asóciate

Colabora connosco agora

Para facerte socix só tes que cubrir o formulario