Sobre esta campaña
Amosar listado de necesidades
Infraestrutura | Cantidade |
---|---|
Aloxamento e desprazamento
5 poñentes
|
€ 1.800 |
Material | Cantidade |
---|---|
Impresión e elaboración do material a empregar durante as xornadas
Impresión e elaboración do material a empregar durante as xornadas
|
€ 300 |
Total | € 2.100 |
Segmentos | Dende | Ata |
---|
Información xeral
Xornadas que analizarán como se tecen redes entre as transnacionais, os medios de comunicación e o poder político para estruturar o sistema actual a través das relacións de poder e a construción dun discurso hexemónico e uniforme. Ao tempo preténdese amosar e examinar como se organizan as persoas na construción do contrapoder a través da vertebración dun discurso alternativo e unha nova cultura que ten como punto central a transformación dx cidadá/n nun suxeito activo, grazas á aparición de novas ferramentas, novos coñecementos e unha concepción diferente da comunicación e a información a partir da aparición de internet.
Que
Xornadas que analizarán como se tecen redes entre as transnacionais, os medios de comunicación e o poder político para estruturar o sistema actual a través das relacións de poder e a construción dun discurso hexemónico e uniforme. Ao tempo preténdese amosar e examinar como se organizan as persoas na construción do contrapoder a través da vertebración dun discurso alternativo e unha nova cultura que ten como punto central a transformación dx cidadá/n nun suxeito activo, grazas á aparición de novas ferramentas, novos coñecementos e unha concepción diferente da comunicación e a información a partir da aparición de internet.
Por que
O mundo actual está marcado de xeito central por como se crea, manipula e distribúe a información. Os mass media tranformáronse nun instrumento clave para o poder establecido en todas as latitudes do mundo, pois os grandes medios de comunicación son teñen a capacidade de crear unha percepción social subxectiva e non veraz da realidade que vivimos. Xs receptorxs de información teñen problemas para buscar fontes fiables, nun contexto no que a infoxicación, o silencio mediático ou a focalización e repetición temáticas son unha constante.
Hoxe, a omnipresencia ambiental do terrorismo serve para xustificar o recorte de dereitos e liberdades fundamentais das persoas en todos os planos. As diferentes modificacións lexislativas dos estados encamíñanse cara a evitar todo tipo de disidencia nun mundo no que a tensión increméntase pola aplicación de políticas neoliberais que entenden o planeta como unha grande despensa e ás persoas como man de obra barata e consumidorxs coas que permitir uns beneficios en crecemento continuo para as transnacionais. No plano da comunicación en concreto, o mercadeo de datos privados, a criminalización da comunicación encriptada, a penalización da liberdade de expresión, as altas condenas e represión a quen revela informacións dos desmáns dos estados ou o control das comunicacións, son elementos continuos das políticas dos estados hoxe en día.
Como
As xornadas conformaranse por palestras abertas de carácter gratuíto que se desenvolverán en diferentes localidades do planeta, e que se construirán tamén a través de diferentes tipos de canles e espazos dixitais. Cada unha das palestras terá unha temática concreta pero conformará unha construción conxunta coas cuestións que se traten nas demais. Así pois conformarase un conxunto de espazos de análise que, interconectados entre si a través do espazo dixital, construirán en días progresivos unha análise da comunicación como elemento clave na construción do poder e o contrapoder.
Cada unha das palestras estará composta por unha exposición pública e un segundo momento de posta en común e debate.
O crowdfunding ten un carácter progresivo con 6 niveis de desenvolvemento segundo a cantidade acadada ao fin da mesma.
Para que
As Xornadas "Comunicación e Poder" están orientadas ás persoas que queren afondar no coñecemento da sociedade actual dende unha perspectiva crítica e ten como obxectivos principais:
- Mapear as causas e consecuencias do sistema de comunicación na sociedade actual.
- Coñecer proxectos e iniciativas comunicativas que xeren alternativas á hora de construír as sociedades.
- Aprender como as persoas podemos usar as ferramentas comunicativas para reconstruír o mundo.
- Coñecer como manexar a infoxicación e o silencio informativo.
- Entender o poder real dos medios de comunicación.
- Coñecer a diversidade no tipo de activismos comunicativos.
Quen
ECOAR))) é unha ferramenta de carácter independente que se apoia na acción directa, a presión pública, a sensibilización e a solidariedade, para construír un sistema global baseado na xustiza, a ética e a dignidade.
Ademais ECOAR))) é un espazo de natureza global conformado por persoas de moi diverso percorrido e perfil que se coordinan, constrúen e actúan, dende o local ao internacional:
- para facerlle fronte ás inxustizas e aos problemas globais relacionados cos dereitos humanos e o medioambiente.
- para activar á cidadanía actuando de xeito efectivo e eficiente a partir da análise, a planificación e a estratexia.
Podes atopar máis información sobre nós na web https://ecoarglobal.org/gl/
Finalidade social
Xornalismo independente
Construción dunhas xornadas globais para analizar a comunicación como elemento clave na construción do poder e o contrapoder na sociedade actual.
Obxectivos sociais
Desenvolver a democracia e a soberanía
Construír información responsable, crítica e diversa
Eixos
Dereitos Humanos
Ámbito
-
Democracia e soberanía
-
Información e comunicación