Sobre esta campaña
Amosar listado de necesidades
Tarefa | Cantidade |
---|---|
Produción de 2 títulos
Produción de 2 títulos
|
€ 1.400 |
Dereitos e gastos administrativos
Dereitos e gastos administrativos
|
€ 350 |
Distribución
Distribución
|
€ 150 |
Total | € 1.900 |
Segmentos | Dende | Ata |
---|
Información xeral
Somos un proxecto editorial sustentable e autoxestionado. Traballamos dende unha ollada crítica, emancipadora e contracultural. Ofrecemos contidos narrativos, visuais e audiovisuais relacionados coa construción de alternativas e resposta social. Encantadxs de coñecerte.
Aspiramos a ser unha editorial que, a través da difusión de visións e voces diferentes ás correntes maioritarias, repercuta positivamente na activación das persoas e sociedades dotándoas de ferramentas de carácter diverso para interpretar e diagnosticar a realidade e a si mismxs dende dunha perspectiva plural e crítica, en prol dun sistema social xusto.
Que
13 editora é un proxecto editorial sen ánimo de lucro de carácter independente que xorde ao abeiro de ECOAR))), unha ferramenta de formación e información social, económica, política e cultural que pretende producir contidos que espallen o pensamento crítico e alternativo a través de olladas e discursos de carácter plural. Así, 13 editora pretende propiciar a construción dun tecido social proactivo e analítico que contribúa a facer máis libres ás persoas a través da destrución dos prexuízos e o cuestionamento das liñas de pensamento "imperantes", así como do espallamento e construción de novas estratexias, olladas e realidades que permitan conformar un mundo máis xusto.
Por que
Se ben na actualidade existen diversos proxectos editoriais centrados na publicación de textos orientados á transformación social, 13 editora nace da necesidade específica de difundir, en lingua galega, obras reflexivas e contidos prácticos destinados á formación que presenten olladas e voces diferentes ás das correntes maioritarias, repercutindo positivamente na activación das persoas e sociedades, e dotándoas de ferramentas de carácter diverso para interpretar e diagnosticar a realidade e a si mesmas dende unha perspectiva plural e crítica en prol dun sistema social xusto.
A principal fortaleza de 13 editora reside nos aspectos diferenciadores da súa produción editorial, entre os que destacan, ademais da tradución dos textos á lingua galega por primeira vez, a selección das obras, as edicións contextualizadas e adaptadas á actualidade, o contido gráfico de produción propia, a calidade da edición ou a accesibilidade dos contidos a través de diversos soportes e a posibilidade de acceso gratuíto ou de pago.
Como
O crowdfunding contempla a edición das dúas primeiras obras de 13 editora, incluíndo:
- Consecución de dereitos de tradución e publicación (todas aquelas cuestións derivadas das condicións editoriais).
- Produción do libro (impresión e encadernación).
- Distribución do libro (tanto en envíos puntuais como aos puntos de venda fixa).
Para que
As obras editadas por 13 editora están orientadas tanto aos públicos que teñen xa certo percorrido e experiencia no eido do activismo, como a aqueles que, sen estar aínda activados, queren ser parte do cambio. Así, os obxectivos de 13 editora son os seguintes:
- Difundir o pensamento crítico e alternativo a través de olladas e discursos
- de carácter plural.
- Recuperar materiais descatalogados, minoritarios, esgotados ou pouco difundidos que pertenzan ás liñas de pensamento definidas pola editora.
- Dar voz a persoas, colectivos ou comunidades que constrúan novas estratexias, olladas e realidades que permitan conformar un mundo máis xusto.
- Desenvolver materiais en diferentes soportes que doten de ferramentas emancipadoras, de mobilización, acción e organización ás persoas, colectivos e comunidades.
- Elaborar materiais de calidade a través dunha concepción creativa e integral de cada un deles entendéndoos como unha peza artística particular e como unha ferramenta de acción e construción social.
- Xerar simbiose e tecer rede entre proxectos, persoas, colectivos, comunidades e liñas de pensamento do pasado, o presente e o futuro.
- Promover unha concepción aberta, non privativa, pública, libre e solidaria da cultura e a información.
Quen
Este lanzamento está promovido pola propia 13 editora, un proxecto centrado no desenvolvemento de materiais de diversa índole que garantan a conformación de persoas autónomas, críticas e proactivas que poñan freo aos abusos e inxustizas cometidas polas transnacionais e polas grandes estruturas e organismos de poder sistémico, ao mesmo tempo que crean e garanten un mundo máis xusto e proactivo no que se respecten o planeta e os dereitos de todxs xs que nel habitan.
Finalidade social
Cultura libre e democrática
Traballamos na produción de contidos e ferramentas que contribúen a facer máis libres ás persoas, difundindo o pensamento crítico alternativo a través de discursos de carácter plural e ofrecendo textos de formación e información social, económica, política e cultural.
Obxectivos sociais
Desenvolver a democracia e a soberanía
Crear unha cultura libre e democrática
Promover a defensa e o exercicio dos dereitos colectivos
Eixos
Dereitos Humanos
Ámbito
-
Dereitos e liberdades