Pepaloba – Política de privacidade
Que é a nosa web?
A web “http://pepaloba.org/” é unha ferramenta clave da “Pepa Loba” (Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista) para poder denunciar e difundir campañas, iniciativas, proxectos e accións así como para relacionarnos coas persoas que queren informarse ou pasar a ser parte da nosa asociación.
Sempre que introduzas os teus datos na web supón aceptar a “política de privacidade”. Nalgunha ocasión puntual o sitio web pode ter ligazóns a outras páxinas web que posúen a súa propia “política de privacidade”.
Que uso facemos dos teus datos?
En ningún caso se recollen datos persoais sen que x titular o coñeza. Só se empregarán os teus datos se nos dás a túa autorización.
Toda a información que nos achegues gardarase nun ficheiro automatizado e confidencial.
Cando deixas os teus datos nos formularios da web estás a aceptar expresamente o contido desta “política de privacidade” e autorizas a que se usen os teus datos para as fins especificadas. Se non concordas coa “política de privacidade”, por favor, non nos deixes os teus datos. Escribe unha mensaxe coa túa opinión ou as túas dúbidas a info@pepaloba.org e responderémosche canto antes.
No caso de te asociares ou de nos facer unha doazón os teus datos usaranse para xestionar as túas achegas económicas e para enviarche información sobre as nosas actividades. Nos formularios web aparecerán sempre os datos que son necesarios e os que son opcionais.
Se desexas entregar un legado1 e solicitas información respecto diso, gardaranse os teus datos unicamente para facelo efectivo cando chegue o momento. Se queres que se rectifiquen ou se cancelen só tes que comunicalo seguindo as instrucións que che indicamos no apartado ‘Que dereitos tes?’.
1. Disposición legal de bens que fai un testador a favor de alguén
Cal é a nosa política de Cookies?
A web emprega cookies2 para analizar o uso que fan os usuarios do sitio web. Compílase información estatística (frecuencia de uso, páxinas visitadas, número de visitas e “clics”, etc) para mellorar na análise e, polo tanto, na eficacia das nosas iniciativas.
Aceptando a “política de privacidade” autorízasnos a usar as cookies para comunicarnos contigo.
No caso de que non queiras ter cookies no teu computador, debes cambiar a configuración do teu navegador3.
Por favor sé consciente de que se configuras o navegador para que bloquee todas as cookies, certas partes do sitio ou doutros sitios poden perder parte das súas funcionalidades.
2. Anacos de información de almacenaxe no disco duro do computador cando visita unha páxina web
3. Xeralmente ‘ferramentas–opcións–privacidade’
Que dereitos tes?
Na Axencia Española de Protección de Datos está rexistrado un ficheiro de datos persoais que contén información dxs socixs e doadorxs.
Os teus datos son teus e tes dereito a saber que facemos con eles, a cambialos cando o desexes e a pedirnos que os borremos. Para iso, usa a canle de comunicación que prefiras:
-
Mándanos unha mensaxe a info@pepaloba.org.
-
Escríbenos unha carta dirixida a r/ Augusto González Besada, 26, 36700, Tui.
Se tes calquera dúbida sobre a nosa política de datos persoais, sempre podes consultar á Axencia Española de Protección de Datos (http://www.agpd.es), c/ Jorge Juan 6, E-28001 Madrid, teléfono 901 100 099 e sede electrónica https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/.
Que medidas de seguridade temos?
A seguridade dos teus datos persoais é fundamental. Nos espazos da web onde deixas os teus datos, usamos a tecnoloxía SSL4, para protexer os datos que envíes por internet.
4. Secure Socket Layer ou Protocolo de Capa de Conexión Segura
Cando comunicaremos os teus datos a outros?
O único caso nos que comunicaremos os teus datos a outrxs é se unha autoridade xudicial ou administrativa solicite datos dos nosos ficheiros. En todo caso só se comunicarán se se respectan todos os preceptos legais.
Podes facerte socix de “Pepa Loba” se tes menos de 18 anos?
Poderás ser integrante da asociación se tes máis de 14 anos e tes consentimento, documentalmente acreditado, de teus pais ou titorxs. En ningún caso nos envíes datos persoais teus nin da túa familia sen previa autorización dos teus pais, nai ou titorxs.
Para proceder á formalización da túa inscrición como socix debes cumprimentar o documento de Autorización Menores e envialo por calquera destas dúas vías:
-
Correo electrónico por calquera destas dúas Mándanos unha mensaxe a info@pepaloba.org.
-
Escríbenos unha carta dirixida a r/ Augusto González Besada, 26, 36700, Tui.