1.  
    Obxectivo
    1900 €
  2.  
  3.  
  4.  
  5.  
  6.  
  7.  
  8.  
  9.  
  10.  
  11.  
  12.  
  13.  
  14.  
  15.  
  16.  
  17.  
  18.  
  19.  
  20.  
  21.  
  22.  
  23.  
  24.  
  25.  
  26.  
  27.  
  28.  
  29.  
  30.  
  31.  
  32.  
  33.  
  34.  
  35.  
  36.  
  37.  
  38.  
  39.  
  40.  
  41.  
    765 €
  42.  
  43.  
  44.  
  45.  
  46.  
  47.  
  48.  
  49.  
  50.  
  51.  
  52.  
  53.  
  54.  
  55.  
  56.  
  57.  
  58.  
  59.  
  60.  
  61.  
  62.  
  63.  
  64.  
  65.  
  66.  
  67.  
  68.  
  69.  
  70.  
  71.  
  72.  
  73.  
  74.  
  75.  
  76.  
  77.  
  78.  
  79.  
  80.  
  81.  
  82.  
  83.  
  84.  
  85.  
  86.  
  87.  
  88.  
  89.  
  90.  
  91.  
  92.  
  93.  
  94.  
  95.  
  96.  
  97.  
  98.  
  99.  
  100.  
    Quedan...
    39 días
Se non podes facer a túa doazón a través de pago por tarxeta, preme aquí.

15 €

Mención na web de 13 Editora, se a persoa así o quere

Doa!

25 €

Mención na web de 13 Editora, se a persoa así o quere+1 chapa

Doa!

35 €

Mención na web de 13 Editora, se a persoa así o quere+1 chapa+1 póster

Doa!

50 €

Mención na web de 13 Editora, se a persoa así o quere+1 chapa+1 póster+1 libro de 13 Editora (hai 10 exemplares para xs 10 primeirxs)

Doa!

70 €

Mención na web de 13 Editora, se a persoa así o quere+1 chapa+1 póster+1 libro de 13 Editora (hai 10 exemplares para xs 10 primeirxs)+1 Fanzine 13 Editora

Doa!

100 €

Mención na web de 13 Editora, se a persoa así o quere+1 chapa+1 póster+1 libro de 13 Editora (hai 10 exemplares para xs 10 primeirxs)+1 Fanzine 13 Editora+1 block de notas

Doa!

250 €

Mención na web de 13 Editora, se a persoa así o quere+1 chapa+1 póster+1 libro de 13 Editora (hai 10 exemplares para xs 10 primeirxs)+1 Fanzine 13 Editora+1 block de notas+1 camisola

Doa!

*Infórmate das condicións para recoller a túa recompensa aquí.

https://13editora.org/

 

QUE É

13 editora é un proxecto editorial sen ánimo de lucro de carácter independente que xorde ao abeiro de  ECOAR))), unha ferramenta de formación e información social, económica, política e cultural que pretende producir contidos que espallen o pensamento crítico e alternativo a través de olladas e discursos de carácter plural. Así, 13 editora pretende propiciar a construción dun tecido social proactivo e analítico que contribúa a facer máis libres ás persoas a través da destrución dos prexuízos e o cuestionamento das liñas de pensamento “imperantes”, así como do espallamento e construción de novas estratexias, olladas e realidades que permitan conformar un mundo máis xusto.

POR QUE

Se ben na actualidade existen diversos proxectos editoriais centrados na publicación de textos orientados á transformación social, 13 editora nace da necesidade específica de difundir, en lingua galega, obras reflexivas e contidos prácticos destinados á formación que presenten olladas e voces diferentes ás das correntes maioritarias, repercutindo positivamente na activación das persoas e sociedades, e dotándoas de ferramentas de carácter diverso para interpretar e diagnosticar a realidade e a si mesmas dende unha perspectiva plural e crítica en prol dun sistema social xusto.

A principal fortaleza de 13 editora reside nos aspectos diferenciadores da súa produción editorial, entre os que destacan, ademais da tradución dos textos á lingua galega por primeira vez, a selección das obras, as edicións contextualizadas e adaptadas á actualidade, o contido gráfico de produción propia, a calidade da edición ou a accesibilidade dos contidos a través de diversos soportes e a posibilidade de acceso gratuíto ou de pago.

COMO

O crowdfunding contempla a edición das dúas primeiras obras de 13 editora, incluíndo:

  • Consecución de dereitos de tradución e publicación (todas aquelas cuestións derivadas das condicións editoriais).
  • Produción do libro (impresión e encadernación).
  • Distribución do libro (tanto en envíos puntuais como aos puntos de venda fixa).

PARA QUE

As obras editadas por 13 editora están orientadas tanto aos públicos que teñen xa certo percorrido e experiencia no eido do activismo, como a aqueles que, sen estar aínda activados, queren ser parte do cambio. Así, os obxectivos de 13 editora son os seguintes:

  • Difundir o pensamento crítico e alternativo a través de olladas e discursos de carácter plural.
  • Recuperar materiais descatalogados, minoritarios, esgotados ou pouco difundidos que pertenzan ás liñas de pensamento definidas pola editora.
  • Dar voz a persoas, colectivos ou comunidades que constrúan novas estratexias, olladas e realidades que permitan conformar un mundo máis xusto.
  • Desenvolver materiais en diferentes soportes que doten de ferramentas emancipadoras, de mobilización, acción e organización ás persoas, colectivos e comunidades.
  • Elaborar materiais de calidade a través dunha concepción creativa e integral de cada un deles entendéndoos como unha peza artística particular e como unha ferramenta de acción e construción social.
  • Xerar simbiose e tecer rede entre proxectos, persoas, colectivos, comunidades e liñas de pensamento do pasado, o presente e o futuro.
  • Promover unha concepción aberta, non privativa, pública, libre e solidaria da cultura e a información.

QUEN

Este lanzamento está promovido pola propia 13 editora, un proxecto centrado no desenvolvemento de materiais de diversa índole que garantan a conformación de persoas autónomas, críticas e proactivas que poñan freo aos abusos e inxustizas cometidas polas transnacionais e polas grandes estruturas e organismos de poder sistémico, ao mesmo tempo que crean e garanten un mundo máis xusto e proactivo no que se respecten o planeta e os dereitos de todxs xs que nel habitan.

Necesidades 1.900€
Produción de 2 títulos 1.400 €
Dereitos e gastos administrativos 350 €
Distribución 150 €
Difunde!