Non creo que sexamos parentes moi achegados, pero se vostede é quen de tremer de indignación cada vez que se comete uha inxustiza no mundo, somos compañeirxs que é máis importante.
Che

Que é a Pepa Loba?

  • Anticapitalismo
  • Antiglobalización
  • Consumo responsábel
  • Defensa do público
  • Defensa dos DDHH
  • Ecoloxismo
  • Estado social e laico
  • Horizontalización da sociedade
  • Interculturalismo
  • Non violencia


 

A Pepa Loba, Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista, é unha ferramenta de financiamento de carácter independente que xorde ao abeiro de ECOAR))) para:

  • sufragar as necesidades económicas para o desenvolvemento de campañas, iniciativas, proxectos e accións, tanto no eido das alternativas como da resposta social.
  • facer fronte ás sancións e demais custos derivados dos mecanismos de represión e punición do sistema.
  • actuar solidariamente con colectivos e persoas que non dispoñan dos medios necesarios tanto de difusión como de financiamento, para poder levar ao cabo campañas que cubran eses eidos por si mesmxs.

Cando as persoas se ven reunidas para algún fin, descubren que poden alcanzar tamén outros fins cuxa consecución depende da súa mutua unión.
Thomas Carlyle

Quen é quen?

Pepa loba


É unha figura lendaria galega do s. XIX que era salvaxe e cruel coas persoas ricas e bondadosa e xusta co campesiñado. Encadrase dentro do arquetipo dx bandoleirx xenerosx, ao tempo que representa tamén á muller que non se somete a nada.


Lueiro


Compañeiro da Pepa Loba. Caracterízase como un can espilido e calmado, representa a complicidade e a lealdade indobregable con Pepa Loba.


A caridade é humillante porque se exerce verticalmente e dende arriba; a solidariedad é horizontal e implica respecto mutuo.
Eduardo Galeano

Asóciate

















Instrucións Socix

  1. Enche os campos do formulario e preme en enviar.
  2. Descarga e imprime o .pdf que obtés en pantalla.
  3. Asina o papel.
  4. Envíao a través do correo ordinario ou electrónico.

Conceptos como os de unión, organización e loita, son calificados sen demora como perigosos. E realmente sono, para xs opresorxs, xa que a súa “posta en práctica” é un factor indispensable para o desenvolvemento dunha acción liberadora.
Paulo Freire

Doa





Instrucións Doazón

  • Á esquerda aparecen reflectidos os nosos datos. Só tes que empregar eses datos no sistema que teñas coa túa entidade bancaria, tal e como fas con calquera pago regular.
  • Por defecto enténdese que a túa achega faise á Pepa Loba. Se queres facer unha achega a unha campaña específica insire no “Concepto” o nome da campaña.
  • Se queres saber se nos chegou a túa doazón, envíanos un correo co asunto “Doazón” ao correo info@pepaloba.org e en canto a recibamos, informarémosche da recepción da mesma.

Campañas